Mostrando entradas con la etiqueta recinto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recinto. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2008

AS LAGOAS DOS MIGUELES

As Lagoas dos Migueles son unhas lagoas artificiais que comezou a facer Miguel Cacharrón cun entusiasmo e tesón inquebrantables, a tal sobrehumana empresa sumouse Miguel Cacharrón fillo, contaxiado igualmente polo amor á natureza e o coleccionismo de anátidas.
O conxunto é privado e está pechado para garantir a tranquilidade das aves que alí se albergan. Está formada por dúas pequenas lagoas:
A primeira de todas é onde atópase un pequeno observadoiro e lugar de descanso cuberto para os visitantes do recinto:

Nesta primeira charca atopamos tamén a chamda Fervenza de Inés, aínda en construcción, pero que será un lugar no que formaranse rápidos na auga o que favorecerá a existencia de distintas hidrodinamias na lámina de auga e favorecer a existencia de distintos ambientes a modo de nichos ecolóxicos que cumplan as esixencias das diferentes especies de parrulos

Esta pequena lagoa á cal soen frecuentar os mergos comunica coa seguinte, xa de maior tamano, á través do regato da abuela remedios.

Este regato desemboca finalmente na Lagoa maior, chamada a Lagoa de Migueliño.

A cal ten unha illa que está comunicada con "terra firme" ó través da ponte do abuelo Pepe.

Neste lugar ideal no que conviven máis de 70 sps e especialmente pensado para a cria de diferentes anátidas, atópase un ambiente acolledor para a observación do comportamento das diferentes especies, e incluso podemos seguir a evolución das postas das parellas xa que existen numerosas casetas para tal fin.

Incluso pódense tomar fotos a rás da auga colendo unha pequena embarcación normalmente amarrada ó embarcadoiro de Jose María: