sábado, 22 de marzo de 2008

A lagoa de Migueliño


A lagoa de Migueliño é a lagoa de maior tamano de todas. Conta con embarcadoiro e incluso unha pequena illa á cal se accede a través da Ponte do abuelo Pepe. Neste lugar atoparemos a mioría das anátidas.
As especies máis representativas pódelas ver pinchando aquí. Aínda que conforme vaia subindo máis fotos e engádanse novas especies á colección irase actualizando

Para facernos unha idea máis fiel, bota unha ollada ao vídeo que se amosa emabaixo:

www.Tu.tv

AS LAGOAS DOS MIGUELES

As Lagoas dos Migueles son unhas lagoas artificiais que comezou a facer Miguel Cacharrón cun entusiasmo e tesón inquebrantables, a tal sobrehumana empresa sumouse Miguel Cacharrón fillo, contaxiado igualmente polo amor á natureza e o coleccionismo de anátidas.
O conxunto é privado e está pechado para garantir a tranquilidade das aves que alí se albergan. Está formada por dúas pequenas lagoas:
A primeira de todas é onde atópase un pequeno observadoiro e lugar de descanso cuberto para os visitantes do recinto:

Nesta primeira charca atopamos tamén a chamda Fervenza de Inés, aínda en construcción, pero que será un lugar no que formaranse rápidos na auga o que favorecerá a existencia de distintas hidrodinamias na lámina de auga e favorecer a existencia de distintos ambientes a modo de nichos ecolóxicos que cumplan as esixencias das diferentes especies de parrulos

Esta pequena lagoa á cal soen frecuentar os mergos comunica coa seguinte, xa de maior tamano, á través do regato da abuela remedios.

Este regato desemboca finalmente na Lagoa maior, chamada a Lagoa de Migueliño.

A cal ten unha illa que está comunicada con "terra firme" ó través da ponte do abuelo Pepe.

Neste lugar ideal no que conviven máis de 70 sps e especialmente pensado para a cria de diferentes anátidas, atópase un ambiente acolledor para a observación do comportamento das diferentes especies, e incluso podemos seguir a evolución das postas das parellas xa que existen numerosas casetas para tal fin.

Incluso pódense tomar fotos a rás da auga colendo unha pequena embarcación normalmente amarrada ó embarcadoiro de Jose María:

Fotos dos parrulos

Algunhas das especis máis representativas das lagoas:
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.